Albert Tomas dirixirá a próxima tempada 2009/2010 ao Cadete Masculino "A" do noso club
e ademais desenvolverá funcións de adestrador axudante no equipo Sénior
Masculino Autonómico. Este adestrador que se incorporou ao corpo
técnico do club na tempada 2007/08, cumprirá nesta nova campaña o seu terceiro ano connosco.
Para a próxima tempada 2009/10 Albert Tomas compaxinará a dirección do equipo Cadete Masculino "A" coas funcións de adestrador axudante no equipo Sénior Masculino Autonómico, dirixido por César Álvarez, que competirá na Liga FGB Sénior Masculina 09/10 despois de dous anos sen participar nesta competición e que estará composto por xogadores que foron membros do Club Baloncesto Seis do Nadal en anteriores tempadas deportivas.
