miércoles, 6 de mayo de 2009

O C.B. SEIS DO NADAL NO II TORNEO BENXAMÍN BÁSQUET NA RÚA DO PORRIÑO BALONCESTO BASE

 

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participará cos equipos Benxamín Masculino "A", Caixanova Seis do Nadal M-A, adestrado por Idelfonso García e David Rodríguez, e co grupo Benxamín Feminino, Caixanova Seis do Nadal Fem, adestrado por Jorge Martínez e Sandra Solano, no II Torneo Benxamín Básket na Rúa que se organizará o Porriño Baloncesto Base o próximo sábado 9 de maio do 2009.

 

Tódolos encontros do torneo disputaranse na rúa, na Praza do Concello e na Praza do Cristo de O Porriño, ofrecéndolle a tódolos participantes no mesmo un lugar diferente onde practicar baloncesto e coa motivación que supón facelo baixo a atenta mirada de familiares, amigos, siareiros e curiosos que se achegarán ao Porriño nesa data.

 

Os doce equipos que participarán neste torneo serán: Canterias Porriño Masculino, Canteiras Porriño Feminino, Maristas Masculino "A", Club Baloncesto Tui, Salesianos Masculino, Salesianos Feminino, Club Baloncesto Baiona, Colexio Mariano, San José de la Guía, Seis do Nadal Masculino "A" e Seis do Nadal Feminion.

 

Durante a xornada da mañá as 11:00, 12:00 e 13:00 horas se xogarán os partidos da fase previa, sendo ás 17:00, 18:00 e 19:00 horas os encontros da fase final.