O pasado xoves 2 de abril, realizouse a presentación oficial da Marcha Mundial pola Paz e a Non-Violencia na nosa cidade por parte da comisión organizativa. Esta marcha que percorrerá o planeta, iniciarase en Nova Zelanda o 2 de outubro de 2009 e finalizará na cordillera de Ándelos (Punta de Vacas, Aconcagua, Arxentina) o 2 de xaneiro de 2010.
A esta iniciativa de Mundo Sen Guerras adheríronse infinidade de organizacións públicas e privadas, clubs e entidades deportivos, cidadáns anónimos, personaxes do mundo da cultura, o deporte, a política e a música, tanto a nivel internacional como español.
En Galicia e na cidade de Vigo, igualmente son numerosas as adhesións recibidas pola causa ata o momento, sendo a do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e tódolos seus membros unha delas. Distintas actividades desenvolvéronse xa na nosa cidade e outras moitas se levarán a cabo ao longo deste ano, nos ámbitos da danza, deporte, música, cultura, colexios, comercio, etc.
O pasado xoves 2 de abril, ás 11:30 horas da mañá, na planta 11 do Concello de Vigo, con asistencia, entre outros, de autoridades, representantes de asociacións e agrupacións, presentouse oficialmente a Marcha Mundial pola Paz e a Non-Violencia, en cuxo acto proxectouse o spot oficial da marcha.
A este acto asistiu Sergio González, en representación do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, quen abriu o acto de presentación. Asemesmo falou Vladimir Gudelj en nome da Fundación Celta de Vigo e outros membros en representación do mundo do deporte e da cultura. Finalmente fíxoo a portavoz oficial da Marcha Mundial pola Paz e a Non-violencia en Vigo, María Ángela Gozza Coll.


