lunes, 9 de marzo de 2009

OS EQUIPOS JÚNIOR MASCULINOS XOGARÁN A FINAL E O 3º E 4º POSTO DA LIGA ZONAL D.V.B. 2008/09

Despois dos Cruces de Semifinais do Campionato Zonal de categoría Júnior Masculina da Delegación Viguesa de Baloncesto desta tempada 2008/09, onde competían os nosos dous equipos desta categoría, comezan os partidos da Final e do 3º e 4º posto.

 

O Júnior Masculino "A", Autoescuela Coya Seis do Nadal, adestrado por Sergio González e por Carlos Rodríguez, disputarán a Final da Liga D.V.B. Júnior Masculina despois de vencer nas Semifinais por 43-86 e 47-68 ao equipo irmán Seis do Nadal "B".

 

O noso equipo xogará a final ante o C.B. Tui Seta, equipo que gañou a súa respectiva semifinal ao Apóstol, vencendo en Tui cun contundente 90-36 e perdendo no Colexio Apóstol cun marcador que amosaba un 64-67 ao final do encontro.

 

O partido de ida da Final terá lugar o próximo venres 13 de marzo ás 20:30 horas no Pavillón Municipal de Tui, sendo o partido de volta o domingo 15 de marzo no Colexio Seis do Nadal.

 

 

Pola outra banda, o Júnior Masculino "B", Seis do Nadal "B", adestrado por Enrique Beloso e por Albert Tomas, xogarán o 3º e 4º posto da Liga D.V.B. Júnior Masculina despois de non superar nas Semifinais ao equipo irmán Autoescuela Coya Seis do Nadal.

 

O noso equipo xogará o 3º e 4º posto ante o Colexio Apóstol, equipo que non logrou impoñerse ao C.B. Tui Seta na súa respectiva semifinal.

 

O partido de ida do cruce polo 3º e 4º posto terá lugar a próxima fin de semana  do 15 de marzo no Colexio Seis do Nadal, sendo o partido de volta na fin de semana do 22 de marzo no Colexio Apóstol.