O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia decidiu adherirse solidariamente á Marcha Munidal pola Paz e Non-Violencia, iniciativa que desde o 2 de outubro deste ano e ata principios do 2010, percorrerá diferentes países de todo o mundo nunha converxencia de múltiples actividades.
Esta campaña trata de denunciar a perigosa situación mundial actual e crear conciencia global da necesidade de paz e o repudio hacia todo tipo de violencia.
É a primeira Marcha Mundial que percorrerá todo o planeta pedindo o fin das guerras, das armas nucleares e a eliminación de todo tipo de violencia. Intentarán rescatar o mellor das diversas culturas e pobos da Terra confluíndo as vontades de toda a sociedade civil para eliminar definitivamente a lacra social das guerras.
Esta marcha pretende xerar unha conciencia social mundial en contra de toda forma de violencia (física, psicolóxica, racial, relixiosa, económica, sexual) tan establecida e aceptada pola sociedade.
A esta nova iniciativa poden unirse persoas, organizacións, empresas e entidades de todo o mundo, sensibilizadas cunha situación que afecta a tódolos ámbitos da vida social e ante a que o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia non quere permanecer impasible.
Máis información pulsando aquí.

