lunes, 23 de marzo de 2009

O PORRIÑO BALONCESTO BASE PARTICIPARÁ NO 2º TORNEO CADETE

O Porriño Baloncesto Base (O Porriño) participará na Segunda Edición do Torneo Internacional Cadete "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" que organizará o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia os próximos días 10, 11 e 12 de abril do 2009.

O equipo do Porriño Baloncesto Base que participará na Segunda Edición do Torneo Internacional Cadete é o equipo Cadete Masculino "B" que competirá na xornada do venres 10 de abril na categoría masculina Serie "B".

O Porriño Baloncesto Base repetirá experiencia despois de participar na tempada pasada na Primeira Edición do Torneo Internacional Cadete organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.