As Seleccións Galegas de categoría Minibásquet, masculina e feminina, participaron os pasados días 21 e 22 de marzo no I Torneo Nacional de Seleccións de Minibasquet Íscar e Olmedo, organizado pola Federación de Castela e León e os Concellos de Olmedo e Íscar.
Esta competición, ámbito ideal de preparación de cara ao Campionato de España (San Fernando, do 4 ao 8 de abril) contou tamén coa presenza e participación das seleccións alevíns masculinas e femininas de Madrid, Extremadura e Castela León.
O torneo desenrolouse, en cada categoría, cun formato de liga de catro equipos, xogando todos contra todos. A competición feminina disputouse en Olmedo e a masculina en Íscar.
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia tivo numerosa representación neste I Torneo Nacional de Seleccións de Minibásquet por Borja Astray (1998), Ana Isabel Fernández (1997) e María Pérez (1997), deportistas da nosa entidade e integrantes das Seleccións Galegas de Minibásquet.
Tamén estivo presente no I Torneo Nacional de Seleccións de Minibásquet como membro do corpo técnico da Selección Galega de Minibásquet Masculina, Sergio González, adestrador e Director Deportivo do noso club.


