O Eduardo Blanco Amor (Ourense) participará na Segunda Edición do Torneo Internacional Cadete "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" que organizará o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia os próximos días 10, 11 e 12 de abril do 2009.
O equipo do club Eduardo Blanco Amor que participará na Segunda Edición do Torneo Internacional Cadete é o equipo Cadete Masculino que competirá na xornada do venres 10 de abril na categoría masculina Serie "B".
O Eduardo Blanco Amor repetirá experiencia despois de participar na tempada pasada na Primeira Edición do Torneo Internacional Cadete organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

