O pasado venres 6 de mazo tivo lugar nos Baixos do Estadio Municipal de Balaidos a quinta xornada da 7º edición da Liga das Estrela - LINCO Linorsa 09, organizada unha tempada máis polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.
Nesta xornada competiron no primeiro turno os equipos de categoría Premini para deixar paso no segundo turno aos grupos de categoría Mini, xuntándose máis de 100 deportistas en toda a xornada.
Ademais nesta xornada as bancadas estiveron repletas de familiares, amigos e compañeiros que animaron desde o primeiro momento a tódolos escolares, celebrando cada intento e cada canastra.
O proximo venres 13 de marzo terá lugar a sexta xornada da Liga Interna de Colexios 2009 na que os nosos xogadores e xogadoras poderán poñer en práctica os seus aprendizaxes e os ses avances.
Xa está dispoñible no album de fotos do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia unha nova sección coas fotografías desta sétima edición da Liga Interna de Colexios. Podedes acceder a estas fotos pulsando no menú da esquerda da páxina web ou pulsando aquí.












