lunes, 19 de enero de 2009

COMEZA A LIGA ZONAL D.V.B. DE CATEGORÍA INFANTIL MASCULINA

Despois da reunión celebrada o pasado venres 16 de xaneiro do 2009 nos locais da Delegación Viguesa de Baloncesto xa están dispoñibles o calendario de xogo da Liga Zonal D.V.B. Infantil Masculina desta tempada 2008/09.

O equipo Infantil Masculino "B", Eijo Garay Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, dirixido por Miguel A. Simón e José Egea, competirá na División "A" desta Liga Zonal D.V.B. Infantil Masculina.

Neste grupo o noso equipo xogará xunto a Canteiras "B", Maristas, C.B. Airexa, C.B. Tui Seta, C.B. Vigo A.M. e Compañía de María.

Na primeira xornada desta Liga Zonal D.V.B. Infantil Masculina, que se xogará a próxima fin de semana do 24 e 25 de xaneiro, o noso equipo Eijo Garay Seis do Nadal recibirá ao Maristas. Podedes consultar o calendario completo pulsando aquí.

O equipo Infantil Masculino "C", Celso Emilio Ferreiro Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, dirixido por Breixo Solla e Enrique Celeiro, competirá no Grupo 1 da División "B" desta Liga Zonal D.V.B. Infantil Masculina.

Neste Grupo 1 da División "B" da competición o noso equipo xogará xunto a Salesianos, Los Sauces, Apóstol e Colexio Ándersen.

A primeira xornada desta Liga Zonal D.V.B. Infantil Masculina, que se xogará a próxima fin de semana do 24 e 25 de xaneiro, enfrontará ao noso equipo Celso Emilio Ferreiro Seis do Nadal e ao Colexio Apóstol nas pistas deste último. Podedes consultar o calendario de xogo pulsando aquí.