lunes, 19 de enero de 2009

COMEZA A LIGA ZONAL D.V.B. DE CATEGORÍA INFANTIL FEMININA 08/09

Despois da reunión celebrada o pasado venres 16 de xaneiro do 2009 nos locais da Delegación Viguesa de Baloncesto xa están dispoñibles o calendario de xogo da Liga Zonal D.V.B. Infantil Feminina desta tempada 2008/09.

O equipo Infantil Feminino "B", Celso Emilio Ferreiro Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, dirixido por Aalí Mohamed e Antía García, competirá na División "B" desta Liga Zonal D.V.B. Infantil Feminina.

 

Neste grupo o noso equipo xogará xunto a Calasancias, Embrujo Céltico - Caixanova, C.B. Caselas E.D.M. Salceda, C. Mariano, Maristas Celta, C. Los Sauces e C.B. Airexa Nigrán "B".

Na primeira xornada desta Liga Zonal D.V.B. Infantil Feminina, que se xogará a próxima fin de semana do 24 e 25 de xaneiro, o noso equipo Celso Emilio Ferreiro Seis do Nadal recibirá nas nosas pistas ao equipo Embrujo Céltico - Caixanova. Podedes consultar o calendario completo pulsando aquí.