lunes, 19 de enero de 2009

COMEZA A LIGA ZONAL D.V.B. DE CATEGORÍA CADETE FEMININA 08/09

Despois da reunión celebrada o pasado xoves 15 de xaneiro do 2009 nos locais da Delegación Viguesa de Baloncesto xa están dispoñibles o calendario de xogo da Liga Zonal D.V.B. Cadete Feminina desta tempada 2008/09.

O equipo Cadete Feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, dirixido por Marcos Blanco e Breixo Solla, xogará nesta Liga Zonal D.V.B. Cadete Feminina, xunto a Las Acacias, Compañía de María "A", Compañía de María "B", Los Sauces, Baiona Anfaco, C.B. Tui Seta, Canteiras "B" e Maristas-Celta.

Na primeira xornada desta Liga Zonal D.V.B. Cadete Feminina, que se xogará a próxima fin de semana do 24 e 25 de xaneiro, o noso equipo Seis do Nadal visitará as pistas do equipo Canteiras "B". Podedes consultar o calendario completo pulsando aquí.