
O próximo domingo 14 de decembro ás 16:30 horas no Pavillón Municipal de Gondomar terá lugar unha nova concentración da Preselección Zonal de Minibásquet Feminina nesta tempada 2008/09.
As xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que asistirán a esta nova convocatoria son Ana Isabel Fernández (1997) e María Pérez (1997), xogadoras do Alevín Feminino "A", Celso Emilio Ferreiro Seis do Nadal, adestradas e dirixidas por Aalí Mohamed e Caterina Lago.
Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia queremos desexarlle moita sorte a estas xogadoras e esperamos que aproveiten esta oportunidade para seguir crecendo como xogadoras e deportistas, e o que é máis importante para acumular novas experiencias e coñecer novas amistades.
