martes, 9 de diciembre de 2008

NOVA CONCENTRACIÓN DA SELECCIÓN ZONAL MINI MASCULINA

A Delegación Viguesa de Baloncesto continua unha semana máis co traballo das Seleccións Zonais da tempada 2008/09 cunha nova concentración da Selección de Minibásquet Masculina.

Este novo adestramento da Selección terá lugar o próximo domingo 14 de decembro ás 10:30 horas no Colexio Seis do Nadal. Ademais nesta mesma data e no mesmo lugar a Selección Viguesa de Minibásquet Masculina desputará un partido ás 16:00 horas.

Do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia asistirán a esta nova concentración Borja Astray (1998), Pablo García (1997) e Hugo López (1997), xogadores integrantes do Alevín Masculino "A", Caixanova Seis do Nadal, adestrados por Sergio González e Javier Carpintero.

Desde o club desexámoslle moita sorte aos nosos deportistas e esperamos que aproveiten esta nova experiencia coa Selección Zonal.