miércoles, 3 de diciembre de 2008

NOVA CONCENTRACIÓN DA SELECCIÓN ZONAL MINI MASCULINA

A Delegación Viguesa de Baloncesto vai a dar continuidade aos traballos das Seleccións Zonais da tempada 2008/09 cunha nova concentración da Preselección de Minibásquet Masculina.

Este novo adestramento da Preselección terá lugar o próximo sábado 6 de decembro ás 17:30 horas no Pavillón Municipal de O Porriño.

Do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia asistirán a esta nova concentración Borja Astray (1998), Pablo García (1997) e Hugo López (1997), xogadores integrantes do Alevín Masculino "A", Caixanova Seis do Nadal, adestrados por Sergio González e Javier Carpintero.

Desde o club desexámoslle moita sorte aos nosos deportistas e esperamos que aproveiten esta nova experiencia coa Selección Zonal.