viernes, 14 de noviembre de 2008

PRIMEIRA CONVOCATORIA DA SELECCIÓN ZONAL MINI FEMININA

 

O próximo domingo 16 de novembro ás 12:30 horas no Pavillón Municipal de Baiona terá lugar a primeira concentración da Preselección Zonal Alevín Feminina nesta tempada 2008/09.

As xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que asistirán a esta primeira convocatoria son Carmen Dapena, Ana Isabel Fernández, María Pérez e Paula Sabido, xogadoras do Alevín Feminino "A" e adestradas e dirixidas por Aalí Mohamed e Caterina Lago.

 

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia queremos desexarlle moita sorte a estas xogadoras e esperamos que aproveiten esta oportunidade para seguir crecendo como xogadoras e deportistas, e o que é máis importante para acumular novas experiencias e coñecer novas amistades.