
O próximo domingo 16 de novembro ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de Baiona terá lugar a primeira concentración da Preselección Zonal Infantil Feminina nesta tempada 2008/09.
As xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que asistirán a esta primeira convocatoria son Sara Araújo, Sara Diéguez, Sara Fernández, Irea González e Andrea Muñoz, xogadoras do Infantil Feminino "A" e adestradas por Jorge Martínez e Pablo Sánchez.
Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia queremos desexarlle moita sorte a estas xogadoras e esperamos que aproveiten esta oportunidade para seguir crecendo como xogadoras e deportistas, e o que é máis importante para acumular novas experiencias e coñecer novas amistades.
