miércoles, 12 de noviembre de 2008

OS NOSOS DEPORTISTAS RECIBEN A VISITA DO PATROCINADOR ANFACO

 

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia volveu a recibir na tarde do pasado mércores 12 de novembro do 2008 unha visita do novo Patrocinador Oficial, Anfaco, coa finalidade de achegar aos nosos deportistas a campaña "Atún, un alimento de tomo e lomo" por unha alimentación saludable.

 

Ás 16:00 horas da tarde, no pavillón do CEIP Seis do Nadal, os equipos federados Benxamín Masculino "A", Benxamín Masculino "B" e Benxamín Feminino recibiron a charla que Anfaco lles preparou sobre o atún e os seus segredos e beneficios, disfrutando tódolos seus integrantes do explicado e dos agasallos que se entregaron.

 

Posteriormente, ás 17:00 horas, nas pistas do CPI Celso Emilio Ferreiro, tocoulle o turno ás Escolas Deportivas do propio colexio, coordinadas e dirixidas pola nosa entidade, xunto ao equipo federado Infantil Masculino "C". Novamente, estes escolares e deportistas recibiron información sobre a importancia dunha boa alimentación e da composición do atún, rematando a charla cunha entrega de agasallos por parte de Anfaco.

 

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia queremos agradecer a Anfaco o seu apoio e colaboración coa nosa entidade, así como a oportunidade que brinda aos nosos deportistas de achegarse á campaña "Atún, un alimento de tomo e lomo" centrada nunha correcta alimentación e na promoción do atún como parte desa alimentación equilibrada.