
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia coa idea de achegar o Nadal a tódolos nosos deportistas e, en espcial, aos nosos deportistas máis pequenos, e despois da aceptación e o éxito da tempada pasada, organizará o 2º Concurso de Postais de Nadal no que poderán participar tódolos nosos xogadores e xogadoras de Minibásquet (categorías benxamín e alevín).
As bases deste 2º Concurso de Postais de Nadal do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia son:
- Participantes: xogadores e xogadoras de Minibásquet e das Escolas Deportivas (categorías benxamín e alevín).
- Tamaño da postal: medio folio.
- Medios: calquera tecnica artistica (cores, collages, dixital,…)
- Motivos da postal: o Nadal e o baloncesto
- Data límite de entrega: domingo 30 de novembro do 2008
- Forma de entrega: as postais deberán ser entregadas aos adestradores ou monitores correspondentes antes da data límite, ou enviadas coa maior calidade posible ao correo electrónico baloncestoseisdonadalcoia@gmail.com.
- Premio do concurso: a postal premiada será a postal de Nadal coa que a entidade felicitará as festas a tódolos seus socios/as, deportistas, adestradores/as, colaboradores, patrocinadores, etc.
NON O DUBIDES, FAI A TÚA POSTAL E PARTICIPA NO NOSO 2º CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL
