miércoles, 26 de noviembre de 2008

NOVA CONCENTRACIÓN DAS SELECCIÓNS GALEGAS DE MINI

As Preseleccións Galegas de Minibásquet, masculina e feminina, realizarán esta fin de semana unha nova xornada de adestramento.

As dúas seleccións reuniranse o próximo domingo, día 30 de novembro, nas instalacións do Pavillón Polideportivo Vedruna, en Ourense, para exercitarse e realizar diversos adestramentos.

Así mesmo, ambas seleccións desputarán sendos encontros amigables ás 16:00 horas:

Selección Galega Mini Fem - Selección Infantil Ourense Fem

Selección Galega Mini Masc - Selección Infantil Ourense Masc

Para esta nova concentración foron convocados do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, en categoría masculina Borja Astray, xogador do Alevín Masculino "A", adestrado por Sergio González; e en categoría feminina María Pérez e Ana Isabel Fernández, xogadoras do Alevín Feminino "A", adestradas por Aalí Mohamed.

No corpo técnico destas Seleccións Alevíns tamén hai representación do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Sergio González, Director Deportivo e adestrador do club, é un dos integrantes do corpo técnico da Selección Galega de Minibásquet Masculina.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia queremos desexarlle moita sorte a Borja Astray, María Pérez e Ana Isabel Fernández e darlle a noraboa por este nova oportunidade da que van a disfrutar o próximo domingo e que de seguro aproveitarán para seguir aprendendo e mellorando.