viernes, 7 de noviembre de 2008

A CAMPAÑA "ATÚN, UN ALIMENTO DE TOMO E LOMO" NO NOSO CLUB

 

Na tarde do pasado xoves 6 de outubro do 2008, os rapaces e rapazas das Escolas Deportivas do CEIP Seis do Nadal, coordinadas polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, recibiron unha visita de Anfaco, novo Patrocinador Oficial da entidade.

 

Nesta visita os escolares achegáronse á campaña "Atún, un alimento de tomo e lomo", campaña de concienciación para comer san centrada no atún organizada por Anfaco.

Ás 16:00 horas foron os máis pequenos, rapaces e rapazas de 6 e 7 anos os que desfrutaron da presentación, recibindo, ao rematar a mesma, folletos de información sobre o atún e as súas recetas entre outros agasallos. Nesta charla os nosos escolares tamén puideron aprender a diferenciar nunhas latas de conserva entre o bonito, o atún e o atún claro.

 

A continuación, ás 16:30 horas, tocáballe o turno aos rapaces e rapazas de entre 8 e 12 anos que desfrutaron igualmente da charla dirixida por Anfaco e dos diversos agasallos que entregaron.

 

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia queremos agradecerlle a Anfaco a posibilidade que nos brindou de achegar a campaña "Atún, un alimento de tomo e lomo" aos nosos deportistas, neste caso das Escolas Deportivas, para que puideran apreciar os beneficios e os segredos dunha comida san.