miércoles, 5 de noviembre de 2008

ANFACO, NOVO PATROCINADOR DO C.B. SEIS DO NADAL - COIA

ANFACO (Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e Mariscos), asociación con máis de 100 anos que presta servicio a máis de 180 empresas directa ou indirectamente vinculadas a dito sector, é novo Patrocinador Oficial do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia para a presente tempada 2008/09.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, agradecemos a confianza e o apoio depositado por parte desta asociación no noso proxecto, e agardamos a satisfacción como resposta á relación establecida entre ambas partes para a presente campaña. Moitas grazas pola súa colaboración.