Durante o comezo desta nova tempada 2008/09 o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizou un ciclo de charlas técnicas de formación para adestradores e monitores.
O pasado sábado 4 de outubro do 2008, Darío Méndez, adestrador superior do club Porriño Baloncesto Base, expuso o tema "Xogo libre, xogando por conceptos", tema do cal os nosos adestradores e adestradoras e tódolos presentes na charla tomaron boa nota dos coñecementos e ensinanzas que Darío expuso nas instalacións do CPI Celso Emilio Ferreiro.
Darío Méndez tivo ao seu cargo ao grupo Infantil Feminino "A" da nosa entidade, grupo co cal presentou a parte práctica da súa charla a tódolos técnicos asistentes.
Con esta conferencia o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia pecha o seu ciclo de charlas de formación deste inicio de tempada antes do comezo próximo das competicións.
Desde este medio, a entidade agradece a dispoñibilidade e atención de tódolos conferenciantes e a gran acollida dos asistentes que acudiron a cada unha das charlas.




