lunes, 6 de octubre de 2008

SORTEADO O CALENDARIO DOS GRUPOS ESPECIAIS INFANTÍS

Tras o sorteo realizado na tarde do pasado venres 3 de outubro do 2008 na sede da Federación Galega de Baloncesto en Santiago, xa están dispoñibles os calendarios dos Grupos Especiais Infantís Masculinos e Femininos.

Os calendarios destes grupos que comezarán o vindeiro 19 de outubro están dispoñibles no apartado competicións da páxina web www.fegaba.com.

No Grupo Especial "B" de categoría Infantil Masculino competirá o Seis do Nadal "A", adestrado por David Fernández, xunto a Salesianos COB "A" (Ourense), Caixanova Rosalía "A" (Santiago) e Marín Peixegalego "A" (Vilagarcía).

O noso equipo comezará esta competición xogando na pista do Salesianos COB "A" (Ourense) o próximo domingo 19 de outubro ás 12:00 horas no Pavillón de Salesianos.

O equipo de categoría Infantil Feminina Seis do Nadal "A", adestrado por Jorge Martínez e Pablo Sánchez, competirá no Grupo Especial "B" xunto a Arxil "A" (Pontevedra), Caixanova Cortegada (Vilagarcía) e Pontumio (Pontedeume).

Este equipo iniciará a súa andanza na competición o próximo sábado 18 de outubro no Pavillón de Maxisterio fronte o Arxil "A" (Pontevedra).