

Despois da reunión de clubes do pasado xoves 2 de outubro, xa están dispoñibles os calendarios dos Torneos de Apertura da Delegación Viguesa de Baloncesto das categorías Cadete Masculina e Feminina.
Os calendarios destas competicións que comezarán o próximo fin de semana do 18 e 19 de outubro están dispoñibles no apartado competicións da páxina web www.fegaba.com.
No Grupo "A" do Torneo de Apertura de categoría Cadete Masculinacompetirá o Seis do Nadal "A", adestrado por Marcos Blanco, xunto a C.B. Vigo A.M., Compañía de María, Baiona Anfaco "A", Apóstol, Canteiras "B" e Maristas. Podedes acceder ao calendario pulsando aquí.
O equipo Seis do Nadal "B" de categoría Cadete Masculino, dirixido por Albert Tomas e Pablo García, xogará no Grupo "B" do Torneo de Apertura, grupo no que tamén están encadrados o Colexio Mariano, Baiona Anfaco "B", Divino Salvador, C.B. Tui Seta, Canteiras "A" e Salesianos. Para acceder ao calendario pulsar aquí.
En categoría Cadete Feminina o noso equipo Seis do Nadal, adestrado por Marcos Blanco e Breixo Solla, competirá xunto a Compañía de María "B", Las Acacias, Los Sauces, C.B. Tui Seta, Baiona Anfaco, Compañía de María "A", Maristas-Celta e Canteiras "B", no Grupo Únicodo Torneo de Apertura desta categoría. Podedes consultar o calendario deste grupo pulsando aquí.
