
Despois da reunión do pasado xoves 2 de outubro, xa están dispoñibles os calendarios dos Torneos de Apertura da Delegación Viguesa de Baloncesto das categorías Infantil Masculina e Feminina.
Os calendarios destas competicións que comezarán o vindeiro fin de semana do 18 e 19 de outubro están dispoñibles no apartado competicións da páxina web www.fegaba.com.
No Grupo "A" do Torneo de Apertura de categoría Infantil Masculina competirá o Seis do Nadal "B", adestrado por Miguel A. Simón, xunto a C.B. Airexa, C.B. Vigo A.M., Maristas-Gestibérica, Canteiras "B", C.B. Tui Seta, Compañía de María, Maristas e Seis do Nadal "B". Podedes acceder ao calendario desta competición pulsando aquí.
No Grupo "B" do Torneo de Apertura de categoría Infantil Masculina está encadrado o Seis do Nadal "C", adestrado por Breixo Solla e Enrique Celeiro, grupo que competirá xunto a Colexio Mariano, Castro San Miguel, Los Sauces, Baiona Anfaco, C.B. Caselas, Colexio Ándersen, Salesianos, Divino Salvador e Apóstol. Podedes acceder ao calendario deste grupo pulsando aquí.
En categoría Infantil Feminino o noso equipo Seis do Nadal "B", adestrado por Aalí Mohamed e Antía García, xogará no Grupo "B" do Torneo de Apertura xunto a Compañía de María "B", Calasancias, C.B. Airexa Nigrán "B", Colexio Mariano, Maristas Celta, Colexio Los Sauces, C.B. Caselas e Embrujo Céltico. Podedes consultar o calendario pulsando aquí.
