
Estimados/as Socios e Socias:
A Xunta Directiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia convócavos á Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar o próximo venres día 31 de outubro de 2008 ás 19:30 h., en primeira convocatoria e ás 20:00 h., en segunda convocatoria, no Ximnasio do CEIP Seis do Nadal,. para tratar o seguinte orde do día:
1º- Reconto dos socios presentes.
2º- Lectura e aprobación da acta anterior.
3º- Informe do Presidente.
4º- Memoria de actividades 2007/08 e previsión para 2008/09.
5º- Contas anuais e liquidación do presuposto 2007/08.
6º- Exposición e aprobación do presuposto 2008/09.
7º- Rogos e preguntas.
Agardando a vosa presencia e pregando asistencia e puntualidade, saúdanvos atentamente a Xunta Directiva.
