O sábado día 6 de setembro do 2008, as pistas do CEIP Doutor Eijo Garay presenciaron as probas físicas do Stage de Pretempada do Comité Vigués de Árbitros.
Os árbitros e oficiais de mesa da Delegación de Vigo tiveron durante a mañá do sábado o Stage de Pretempada. Nesta reunión explicáronse tódalas normas de funcionamento do Comité de Árbitros e da Delegación Viguesa de Baloncesto así como a aclaración das novas regras e das súas interpretacións.
Tódolos integrantes e participantes neste Stage de Pretempada tiveron que realizar unhas probas teóricas e unhas probas físicas. Para estas últimas probas o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia colaborou co Comité Vigués de Árbitros cedendo as pistas dunha das súas instalacións de adestramentos, o CEIP Doutor Eijo Garay.
Seguindo con esta relación de colaboración entre o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e o Comité Vigués de Árbitros, na tarde do domingo 7 de setembro terá lugar unha charla de formación sobre arbitraxe no CPI Celso Emilio Ferreiro ás 17:00 horas, a cal están invitados tódolos interesados e, en especial, tódolos membros da nosa entidade.
Do mesmo xeito, o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, quere lembrar que o próximo luns 8 de setembro, comezará o Curso de Formación de Árbitros e Oficiais de Mesa nos locais da Delegación Viguesa de Baloncesto. Tódolos interesados na realización destes cursos poden inscribirse no e-mail baloncestoseisdonadalcoia@gmail.com.


















