domingo, 7 de septiembre de 2008

ARBITRAXE E PREPARACIÓN FÍSICA, CONTIDOS DAS PRIMEIRAS CHARLAS DE FORMACIÓN PARA MONITORES/AS

 

 

 

 

Durante o mes de setembro, adicado especialmente aos adestradores e adestradoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia neste inicio de tempada, a Dirección Deportiva está organizando unha serie de charlas técnicas como formación complementaria para tódolos técnicos e técnicas, xa que eles e elas son un dos pilares fundamentais na estrutura da nosa entidade, e da súa formación se nutren tódolos nosos deportistas e escolares.

 

As primeiras charlas que o noso corpo técnico recibiu tiveron lugar o pasado domingo 7 de setembro ás 17:00 horas no CPI Celso Emilio Ferreiro.

Nesta primeira xornada os nosos técnicos e adestradores recibiron dúas charlas de formación. Na primeira charla Jorge Moreno, Director Xeral do Comité Vigués de Árbitros de Baloncesto, expuso e explicou os "Principais cambios e modificacións das Regras Oficiais do Baloncesto" que entrarán en vigor no próximo mes de outubro.

A segunda charla impartida por Pablo Sánchez, Preparador Físico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, titulada "Nocións Básicas da Preparación Física en categorías de formación", tratou sobre os aspectos fundamentais do aprendizaxe e da ensinanza das habilidades perceptivo-motrices e das cualidades físicas básicas.

Esta primeira xornada de formación adicada aos adestradores e monitores do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, coa arbitraxe e coa preparación física como contidos principais, tivo unha gran espectación, reunindo nas pistas do CPI Celso Emilio Ferreiro a máis de 25 técnicos.

 

En próximas actualizacións publicarase a información da seguinte charla de formación. Permanecede atentos e atentas.