(Imaxes da Charla de Formación da tempada 2007/08)
Despois do éxito da primeira xornada das charlas de formación para adestradores e monitores que organizou a Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia na tarde do pasado domingo 7 de setembro no CPI Celso Emilio Ferreiro, esta fin de semana terá lugar unha nova ponencia.
Esta segunda xornada terá lugar o próximo sábado 13 de setembro ás 11:00 horas no CPI Celso Emilio Ferreiro. O adestrador invitado para esta nova xornada será Ángel Navarro, adestrador cunha contrastada experiencia.
Este adestrador nacido en Valencia carga sobre os seus ombros unha extensa carreira chea de numerosos éxitos tanto como adestrador que como xogador. Como xogador, Ángel Navarro formou parte do equipo xuvenil do F.C. Barcelona, xogou no Breogán de Lugo, no Caja Ronda e no C.B. Manresa entre outros.
Xa como adestrador, dirixou equipos como Caixa Ourense (1987-1991), Argal Huesca (1993-1994), Club Baloncesto Galicia (2000-2001), Club Ourense Baloncesto (2003-2004), Gestibérica Vigo campaña (2006-07) e a Selección Ourensá Infantil Feminina na pasada campaña. Destacar tamén que Ángel Navarro conseguiu o ascenso a Liga ACB co Caixa Ourense na temporada 1988-99, e conseguiu a victoria en diversos Play-Off pola permanencia con diferentes equipos, ademáis de participar en diversos All-Star ACB como adestrador axudante.
Neste caso Ángel Navarro visitará ao Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia para transmitir os seus coñecementos aos nosos adestradores e monitores. A charla versará sobre o "Traballo de Técnica Individual en categorías de formación", un tema moi amplo e con moitas variantes que Ángel Navarro tratará de plasmar nunhas horas para os nosos técnicos. Nesta charla os asistentes poderán coñecer a filosofía e as ideas deste adestrador e tamén poderán observar como desenvolve unha sesión práctica cun grupo da entidade.
Charla: "TRABALLO DE TÉCNICA INDIVIDUAL EN CATEGORÍAS DE FORMACIÓN"
Día e Hora: SÁBADO 13 DE SETEMBRO, ás 11:00 h.
Lugar: COLEXIO CELSO EMILIO FERREIRO (COIA)
Conferenciante: "ÁNGEL NAVARRO"
Os contidos desta charla de formación estaráN orientados fundamentalmente á realidade técnica e deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, máis a entrada e asistencia é libre e poden participar nela tódalas persoas interesadas.


