O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia iniciará a tempada con 18 equipos e preto de cincocentos xogadores. Na actual campaña cumprirá 25 anos de existencia.
"No Seis do Nadal sempre apostamos pola canteira e así seguiremos. Pero tamén queremos mellorar". Sergio González, o novo Director Deportivo da entidade viguesa, resume así a filosofía dun club que non parou de crecer desde o seu nacemento. Posee unhas estadísticas que asustan polo seu volume. Na actualidade xa poseen 18 equipos en tódolas categorías e unha cifra próxima aos cincocentos xogadores, incluíndo tamén aos que forman parte das distintas escolas repartidas por varios colexios vigueses".
Así comeza a reportaxe publicada hoxe, mércores 10 de setembro do 2008, no suplemento deportivo Campeones de Faro de Vigo sobre o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, a súa estrutura e as súas actividades.
Xa está dispoñible esta reportaxe en soporte dixital para tódolos interesados. Pódese acceder a este documento pulsando aquí.

