viernes, 22 de agosto de 2008

A SELECCIÓN ESPAÑOLA MASCULINA XOGARÁ A FINAL OLÍMPICA POR SEGUNDA VEZ NA HISTORIA

 

O día 22 de agosto do 2008 converteuse nun día histórico para o baloncesto español, que 24 anos despois da mítica medalla de prata olímpica en Los Ángeles 84, volverá a disputar unha final olímpica nos Xogos Olímpicos de Beijing ´08. Unha moi traballada vitoria sobre Lituania por 91-86 nas semifinais elevou á gloria á Selección Española Masculina, que agora volverá a xogar fronte a Estados Unidos na final do domingo, que se celebrará a partir das 08:30 horas da mañá.

 

Con este partido finaliza un camiño iniciado en Lisboa fai nove anos, cando uns rapaces Gasol, Navarro, Reyes e compañía atrevéronse a gañar a Estados Unidos na final do Mundial de Baloncesto Júnior. Algúns pensaron que se quedarían en nada, que sería un comezo prometedor que quedaría ben na coñecida mediocridade que veñía perseguindo ao noso baloncesto desde aquela portentosa final do 84. Pero non tardaron en demostrar que non era así.

 

En Atenas, a inexperiencia condenou ao equipo a caer en cuartos pero este equipo tiña recorrido. Gañou o Mundial de Xapón cunha gran facilidade e non o fixo no Europeo por pouco. Durante moitos momentos, o partido contra Lituania pareceu unha reedición desa final contra Rusia, cos xogadores de España intentando atacar ante a dureza das torres lituanas.

 

O primeiro cuarto ensinou as cartas de España cun equipo pletórico nos seus mates e canastras, mentres os xogadores exteriores despegábanse da pintura e tiraban triples un detrás doutro. Os de Aíto mandaban no marcador, aínda que fose pola mínima, grazas ao seus rebotes ofensivos e aos seus roubos de balón e pese á súa mal porcentaxe de tiros libres. Os lituanos continuaban a escasa distancia grazas aos seus tiros de dos dentro da liña de 6,25.

 

En cambio, o segundo cuarto foi o negativo das boas sensacións do primeiro cuarto. A agresiva defensa lituana cegaba aos xogadores españois de cara ao aro e, sobre todo, Lituania comezou a inspirarse desde a liña de triples. O resultado cambiou e de un prometedor 28 a 20 se pasou a un 30 a 31 a favor dos lituanos, que encadearon tres triples consecutivos.

 

Ao volver do vestiario, o problema seguía coma no segundo cuarto e a Selección Española seguía errando nos tiros cómodos e os xogadores lituanos anotaban cada vez que se situaban detrás da liña de 6,25. Os xogadores españois intentaron anotar algúns puntos, comezaron a afrontar a canastra con seguridade, pero aínda seguía sendo insuficiente.

 

O último cuarto era o que decidía o desenlace do encontro de semifinais e, entón, como un acordeón, España comezou a estirarse e a contraerse na cancha para cercar ao seu rival. Era o seu partido, era a súa oportunidade, era súa cita con Epi, Ximénez, Solozábal, Romay e os demais. E a Selección Española de Baloncesto non defraudou e demostraron que están a un gran nivel.

 

Nos últimos minutos do partido os xogadores españois non cometeron erros na súa visita á liña de tiros libres e certificaron a vitoria española por 91-86 a pesar dos intentos desesperados de Lituania por remontar.

 

RESULTADOS SEMIFINAIS:

España 91 - Lituania 86

Arxentina 81 - USA 101

FINAL BALONCESTO MASCULINO

(24 DE AGOSTO)

España - USA (08:30 hora española)