Pablo
Sánchez continuará no Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia a próxima tempada
2008/09. Este adestrador, profesor de Educación Física, cumprirá na próxima campaña o seu segundo ano como
membro do corpo técnico do club, despois de que a pasada tempada 2007/08 se
incorporase á entidade como adestrador axudante no
Infantil Feminino "A".
A pasada campaña 2007/08 desempeñou o cargo de adestrador axudante co Infantil Feminino "A" xunto a Jorge Martínez e Ignacio Sánchez, grupo que competiu na Liga F.G.B. Infantil Feminina e que quedou clasificado en séptima posición
Para a próxima campaña Pablo continuará un ano máis na categoría e dirixirá como adestrador axudante ao Infantil Feminino xunto a Jorge Martínez, equipo formado por xogadoras nadas nos anos 1995 e 1996.
