
Durante o mes de setembro da tempada 2008/09 o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará unha serie de charlas técnicas internas para o corpo técnico de adestradores e monitores.
O obxetivo desta iniciativa da Dirección Deportiva, que se organizará por segundo ano consecutivo, é a formación continua de tódolos nosos adestradores e adestradoras, de tal xeito que poidan seguir acumulando novos coñecementos e novas experiencias deste deporte.
Neste mes de setembro, adicado especialmente aos adestradores e adestradoras no inicio de tempada, organizaranse diversas charlas técnicas como formación nova e complementaria. As primeiras charlas que o noso corpo técnico recibirá serán o próximo domingo 7 de setembro a partir das 17:00 horas e os bloques de contidos serán a arbitraxe e a preparación física.
Na primeira charla, o Comité Vigués de Árbitros, representado polo seu Director Técnico, Jorge Moreno, exporá, explicará e aclarará os "Principais cambios e modificacións das Regras Oficiais do Baloncesto" que entrarán en vigor a partir do próximo mes de outubro.
Esta será a primeira charla xa que, deste xeito, tódolos adestradores e adestradoras do club coñecerán os principais cambios das regras antes do inicio da tempada e incluso poderán aplicalas nos partidos e torneos amistosos e amigables antes do inicio da competición, e ademais lles servirá para poder adestrar e traballar coas novas normas cos seus equipos e xogadores/as.
A outra charla que se impartirá neste domingo 7 de setembro será a cargo de Pablo Sánchez, Preparador Físico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, baixo o título "Nocións Básicas da Preparación Física en categorías de formación".
Nesta charla os nosos adestradores e adestradaras recibirán unha serie de nocións e pautas básicas sobre o traballo de preparación física en categorías de formación, acompañando ditas explicacións con exemplos de exercicios con balón e exercicios sen balón.
Os contidos destas charlas de formación estarán orientados fundamentalmente á realidade técnica e deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, máis a entrada e asistencia é libre e poden participar nelas tódalas persoas interesadas.
