O equipo Alevín Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, dirixido por Idelfonso García e Miguel Díeguez, participou o pasado domingo día 1 de xuño do 2008 no Campionato de Minibásquet McDonald´s que se celebrou en Santiago. Este torneo reuniu aos oito mellores equipos galegos alevíns masculinos de Minibásquet da presente tempada 2007/08.
Os nosos rapaces comezaron a xornada ás 9:00 horas da mañá enfrontándose ao Estudiantes de Lugo. Este partido, no cal predominou a igualdade durante todo o seu transcurso, inclinouse ao final do último sexto ao lado do equipo lucense que conseguía a victoria cunha mínima diferencia (50-56) ao seu favor. Esta derrota facía que os nosos xogadores se quedaran sen a opotunidade de clasificarse para a final do campionato que lle permitía a loita polo título.
O seguinte e último partido que xogaron os nosos xogadores foi contra o Marín Peixegalego, partido que desde o seu comezo foi igualado e moi disputado por ambas partes ata que ao final o Seis do Nadal se impuso por un 52-56. Deste xeito e cunha victoria, o Alevín Masculino "A" pechaba a súa actuación no Campionato Galego de Minibásquet.
Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia queremos darlle a noraboa aos integrantes do equipo Alevín Masculino "A", xogadores e adestradores, polo gran labor desenvolvida durante a tempada 2007/08 e neste Campionato Galego. Felicidades rapaces!







