

A próxima fin de semana as Preseleccións Zonais Prealevíns realizarán un novo adestramento. A Preselección Zonal Prealevín Masculina, dirixida polo noso coordinador e adestrador Sergio González axudado polo noso adestrador Francisco García, adestrará o domingo 11 de maio no Colexio Seis do Nadal ás 17:00 horas da tarde e a Preselección Zonal Prealevín Feminina adestrará o sábado 10 de maio no Colexio Maristas ás 18:00 horas.
Os deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia convocados a estas convocatorias da Preselección Zonal son Borja Astray do Benxamín Masculino (Ópticas A&B Seis do Nadal) e Adrián López, Mario Álvarez e Hugo López do Alevín Masculino "B" (Seis do Nadal "B"), en categoría masculina; e Carmen Dapena, Ana Isabel Fernández, María Pérez e Paula Sabido do Alevín Feminino "B" (Seis do Nadal "B") e Alicia Muñoz do Benxamín Feminino, en categoría feminina.
Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia desexámoslle moita sorte a tódolos nosos xogadores e xogadoras nestas convocatoria da Selección Viguesa de Minibásquet e invitámoslle a que aproveiten ao máximo esta nova experiencia deportiva. Moita sorte a todos e todas!
