Os días 3 e 4 de maio do 2008 o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizou o I Torneo Internacional Cadete "25 Anos en Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" nas instalacións do Colexio Eijo Garay e do Colexio Seis do Nadal.
Un total de 12 equipos, máis de 160 participantes, pasaron polas nosas pistas nas cales se disputaron partidos de forma continua ao longo dos dous días do torneo.
O sábado 3 de maio, primeira xornada do torneo, os equipos que participaron foron o Seis do Nadal Infantil (Vigo), Eduardo Blanco Amor (Ourense) e Básquet Coura (Portugal) no grupo A; e o Seis do Nadal "C" (Vigo), Juventude Pacense (Portugal) e Canteiras Porriño (O Porriño) no grupo B.
O Básquet Coura e Canterias Porriño foron os equipos que conseguiron quedar primeiros de cada grupo e disputar a final. Unha final na que os portugueses proclamáronse campións do torneo dominando desde o primeiro momento do partido e conseguindo aguantar os achegamentos do Canterias Porriño. O partido polo 3º e 4º posto enfrentou ao Juventude Pacense e Eduardo Blanco Amor conseguindo a victoria o equipo luso. No partido polo 5º e 6º posto do torneo participaron o Seis do Nadal "C" e o Seis do Nadal Infantil, encontro que se levou o Seis do Nadal Infantil nos últimos minutos do partido.
O domingo 4 de maio os equipos que participaron no I Torneo Internacional Cadete foron o G.D.B. Gafanha (Portugal), C.B. Baiona (Baoina) e F.C. Porto (Portugal) no grupo A; e Seis do Nadal "B" (Vigo), C.B. Vigo A.M. (Vigo) e COB Salesianso (Ourense) no grupo B.
Os equipos que quedaron clasificados en primeiro lugar nos seus grupos e conseguiron o pase para a final foron o C.B. Baiona e C.B. Vigo. Neste partido o conxunto do C.B. Baiona controlou o encontro durante todo o partido e proclamouse campión da segunda xornada do torneo. O partido polo 3º e 4º posto enfrentou ao Seis do Nadal "B" e ao F.C. Porto, encontro no que os xogadores anfitrións non estiveron acertados e que gañou o F.C. Porto demostrando un gran xogo de equipo. O 5º e 6º posto foi disputado entre o G.D.B. Gafanha e o COB Ourense, encontro no que venceu o equipo galego.
Un gran fin de semana para o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia no que o Básquet Coura e o C.B. Baiona son os campións do exitoso I Torneo Internacional Cadete "25 Anos en Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo".


























