martes, 27 de mayo de 2008

O SEIS DO NADAL - COIA NO CAMPIONATO AUTONÓMICO DE MINIBÁSKET McDONALD´S

O Campionato Autonómico de Minibásquet McDonald´s no que se enfrontarán os oito mellores equipos galegos de Minibásquet, tanto en categoría feminina como en categoría masculina, celebrarase este domingo día 1 de xuño na cidade de Santiago.

Os 16 mellores equipos galegos de Minibásquet, oito femininos e oito masculinos, veranse ás caras este domingo en Santiago, no Pavillón Municipal de Santa Isabel e baixo o patrocinio de McDonald´s.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estará representado neste Campionato tanto en categoría masculina como en categoría feminina. En categoría masculina o Seis do Nadal "A", Autoescuela Coya Celso Emilio Ferreiro, adestrado por Idelfonso García, e en categoría feminina o Seis do Nadal "A", adestrado por Marcos López, son os equipos que conseguiron o pase ao Campionato Autonómico despois de conseguir o título de campións nos Trofeos Diputación de Pontevedra correspondentes.

Os equipos galegos que participarán neste Campioanto Autonómico de Minibásquet son o Peixe Galego, San Rosendo, Autoescuela Coya Seis do Nadal, Estudiantes, Cidade de Lugo, Salesianso COB, Coprisa BCA e Compañía de María Santiago en categoría masculina. En categoría feminina os equipos participantes son Mercedarias, Cidade de Lugo, Salesianos Ourense, Seis do Nadal "A", Arxil, Cluny, Maristas Celta e Santa María Mar.

En categoría masculina, o noso equipo debutará no torneo xogando contra o Estudiantes (Lugo) ás 9:30 horas. O noso equipo feminino comezará o Campionato enfrontándose ao Salesianos Ourense (Ourense) ás 10:45 horas.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia queremos desexarlle moita sorte aos nosos dous equipos que van a participar este domingo 1 de xuño no Campionato Autonómico de Minibásquet. E por este medio, aproveitamos para invitar a tódala familia do Seis do Nadal a asistir a este Campionato para animar e apoiar aos nosos equipos en Santiago. Moita sorte rapaces e rapazas!

O calendario (horarios e cruces) correspondente a este Campionato Autonómico de Minibásquet pódese consultar pulsando aquí.