O próximo sábado 31 de maio do 2008 o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia volverá a vivir unha nova festa do baloncesto. No Colexio Seis do Nadal a partir das 17:00 horas se volverá a celebrar unha nova Concentración das Escolas Deportivas dirixidas polo Seis do Nadal, que terá a intención de clausurar a tempada escolar 2007/2008.
Nesta festa do baloncesto, tódolos participantes das Escolas Deportivas (Colexio Seis do Nadal, Colexio Doutor Fléming, Colexio Celso Emilio Ferreiro, Colexio Chouzo, Colexio Rodríguez Castelao, E.D.M. Balaídos e E.D.M. Berbés) poderán vivir unha xornada de partidos, concursos, competicións e moitas outras sorpresas.
Unha das sorpresas preparadas para as nosas pequenas estrelas é a visita do AMFIV Vital Vigo ás pistas do Seis do Nadal. O AMFIV é un equipo da élite do baloncesto en cadeiras de rodas, equipo que compartirá a súa tarde co Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.
Ademais a esta nova Concentración das Escolas Deportivas, concentracións que naceron esta tempada como unha nova iniciativa da Dirección Deportiva, acudirán dous colexios inviados. Nesta ocasión participarán na xornada o Colexio Amor de Dios e o Colexio Salesianos que neste mes celebra as súas festas colexiais.
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia invita a tódolos integrantes das Escolas Deportivas e a tódolos xogadores e xogadoras da Liga Interna de Colexios (LINCO) a participar nesta concentración de peche da tempada que estará repleta de sorpresas e de moito baloncesto.

