jueves, 1 de mayo de 2008

O CADETE FEMININO DO G.D.B. GAFANHA TAMÉN VISITARÁ O SEIS DO NADAL

 

 

Esta fin de semana o equipo Cadete Masculino do G.D.G. Básquetebol de Gafanha (Portugal) participará no I Torneo Internacional Cadete 2008 "25 Anos en Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" que organiza o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia os días 3 e 4 de maio de 2008.

 

Ademais deste equipo, o G.D.G. Básquetebol tamén visitará España co seu equipo de categoría Cadete Feminino. Este equipo xogará dous partidos amistoso contra conxuntos da nosa canteira. O sábado xogará o equipo portugués contra o noso equipo Cadete Feminino ás 19:00 horas no Colexio Eijo Garay. O domingo celebrarase un novo encontro entre o equipo de Gafanha e o noso Infantil Feminino "A" no Eijo Garay ás 17:30 horas.

 

SÁBADO 3 DE MAIO

- SEIS DO NADAL CADETE FEM Vs G.D.G. BÁSQUETEBOL

Hora: 19:00 horas Lugar: Colexio Eijo Garay

 

DOMINGO 4 DE MAIO

- SEIS DO NADAL INFANTIL FEM "A" Vs G.D.G. BÁSQUETEBOL

Hora: 17:30 horas Lugar: Colexio Eijo Garay

 

Estos partidos xogaranse de forma paralela ao I Torneo Internacional Cadete 2008 e perseguirán o obxetivo de lograr unha tarde de convivencia e de baloncesto, na que as xogadoras ademais de practicar e seguir formándose no mundo da canastra tamén poderán convivir coas xogadoras do equipo portugués e con todos os equipos participantes do torneo.