Gran actuación dos equipos do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia na VIII Mini-Maratona de Basquetebol da Escola Deportiva Limiana celebrada o xoves 1 de maio do 2008 no Pavillón Municipal de Ponte de Lima.
Os nosos equipos Alevín Masculino "B", adestrado por Sergio González, e Alevín Feminino "B", adestrado por Aalí Mohamed, participaron neste torneo conseguindo ambos o primeiro posto do torneo nas súas categorías.
O conxunto masculino de Sergio comezou o torneo xogando contra o equipo anfitrión, a Escola Deportiva Limiana, e conseguindo unha axustada victoria por 31 a 34. O seguinte partido enfrentou ao noso equipo ao Brandoense, partido que os nosos dominaron completamente conseguindo un marcador final de 52 a 19. Estas dúas victorias situaban aos nosos xogadores como primeiros de grupo, feito que lle garantizaba o pase á final contra o equipo gañador do outro grupo, o G.D. Gafanha. Neste partido final os nosos xogadores conseguiron levarse a victoria ante os portugueses despois de conseguir separarse no marcador no terceiro período.
O equipo Alevín Feminino "B", con Aalí como director de orquesta, tamén realizou un gran torneo que comezaba cun partido fronte ao Barca, partido que as nosas rapazas gañaron cun marcador a favor de 25-51. O seguinte encontro que disputou o noso equipo foi fronte o equipo do Académico, encontro que gañou facilmente por un 12 a 48. Ao igual que os rapaces, o conxunto feminino quedou clasificado no primeiro posto do seu grupo e disputaron a final contra o Canteiras Porriño, primeiro clasificado do outro grupo. Nesta final as nosas rapazas conseguiron a victoria despois dun encontro no que predominou a igualdade entre ambos equipos ata o último cuarto no que se inclinou o marcador ao noso favor.
Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia queremos felicitar e darlle a noraboa a ambos equipos polo traballo realizado neste torneo e polo gran actitude que mostraron durante toda a xornada.





