jueves, 3 de abril de 2008

ÉXITO NA PRIMEIRA CONCENTRACIÓN DO CAMPIONATO GALEGO DE SELECCIÓNS

 

O pasado domingo 30 de marzo do 2008 disputouse na localidade ourensá de Allaríz a Primeira Concentración do Campionato Galego de Seleccións Zonais e os resultados deportivos obtidos polos combinados representantes da nosa delegación foron moi satisfactorios, con sete victorias de oito partidos xogados, algunhas delas moi traballadas.

 

Por parte do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, no combinado vigués de categoría Preinfantil Masculina participaron Miguel Oujo e Andrés Pérez, do equipo Infantil Masculino "B"; e na selección de categoría Preinfantil Feminina participou Celia Pérez, do Infantil Feminino "A".

 

Os resultados dos encontros disputados do grupo sur foron:

 

Ourense - Arousa

Precadete Masculina: 52-51 e Preinfantil Masculina: 41-43

Precadete Feminina: 41-43 e Preinfantil Feminina: 16-32

Vigo - Arousa

Precadete Masculina: 50-49 e Preinfantil Masculina: 65-40

Precadete Feminina: 29-40 e Preinfantil Feminina: 56-19

Ourense - Vigo

Precadete Masculina: 43-59 e Preinfantil Masculina: 32-65

Precadete Feminina: 27-45 e Preinfantil Feminina: 14-56