

O próximo domingo 6 de abril do 2008 as Preseleccións Zonais Prealevíns realizarán un novo adestramento. A Preselección Zonal Prealevín Masculina, dirixida polo noso coordinador e adestrador Sergio González e pola nosa adestradora Mónica Vila, adestrará no Colexio Seis do Nadal ás 18:30 horas da tarde e a Preselección Zonal Prealevín Feminina adestrará no Colexio Maristas ás 17:00 horas.
Os deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia convocados a estas convocatorias da Preselección Zonal son Borja Astray do Benxamín Masculino (Ópticas A&B Seis do Nadal) e Adrián López, Mario Álvarez e Hugo López do Alevín Masculino "B" (Seis do Nadal "B"), en categoría masculina; e Carmen Dapena, Ana Isabel Fernández, María Pérez, Vera Rodríguez, Paula Sabido e Paloma Sánchez do Alevín Feminino "B" (Seis do Nadal "B"), en categoría feminina.
Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia desexámoslle moita sorte a tódolos nosos xogadores e xogadoras nestas convocatoria da Selección Viguesa de Minibásquet e invitámoslle a que aproveiten ao máximo esta nova experiencia deportiva.
