martes, 22 de abril de 2008

O JÚNIOR FEMININO DO SEIS DO NADAL REMATA A LIGA F.G.B. 2007/08

JÚNIOR FEMININO
.
6º CLASIFICADO GRUPO B2 LIGA FGB 2007/08

 

 

O equipo Júnior Feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal, adestrado por Francisco García, rematou a súa andanza na Liga F.G.B. 2007/08 que comeza no mes de setembro do pasado ano coa Fase Previa da DVB.

 

Despois de quedar encadrado no Grupo de Clasificación B2 o noso equipo quedou clasificado na 6ª posición deste grupo. O derradeiro partido do noso conxunto o enfrontaba ao Fundaciones Rey Caixanova, actual campión da Liga F.G.B. Júnior Feminina da presenta tempada.

 

A clasificación final do Grupo de Clasificación B2 no que se encontraba o noso equipo foi:

 

1º- FUNDICIONES REY CAIXANOVA

2º- CELTA CAIXANOVA

3º- AS TORRES

4º- PABELLON OURENSE

5º- MERCEDARIAS HOTEL SUIZO

6º- MONDARIZ SEIS DO NADAL

 

A fase final desta Liga F.G.B. 2007/08, organizada polo Maestro Mateo Deseño - Calasancias, xuntou na cidade de A Coruña aos catro equipos clasificados en primeiro e segundo lugar nos Grupos de Clasificación.

 

Nesta fase final foi o Fundiciones Rey Caixanova quen acadou, cun pleno de victorias, a primeira posición de campión nunha clasificación na que rematou seguido de Cía de María Vigo (5 puntos), Maestro Mateo Diseño Calasancias (4 puntos) e, finalmente, Celta Caixanova.