jueves, 10 de abril de 2008

I TORNEO INTERNACIONAL CADETE DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará o I Torneo Internacional Cadete nesta tempada 2007-08. Esta nova iniciativa da entidade se celebrará na fin de semana do 3 e 4 de maio do 2008, e por parte do club participarán o Cadete Masculino "B", adestrado por Quique Celeiro e Albert Tomas, e o Cadete Masculino "C", adestrado por Adrián Ramonde.

Nesta fin de semana pasarán polas pistas do Colexio Seis do Nadal e do Colexio Eijo Garay doce equipos procedentes da nosa cidade, da nosa comunidade e de Portugal. Estos doce equipos, na súa totalidade de competición zonal, estarán divididos en dous grupos de seis equipos, encabezado cada grupo por un equipo do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Deste xeito, o sábado 3 de maio terá lugar o torneo para o grupo do Cadete Masculino "C" e o domingo 4 de maio celebrarase o torneo para o grupo do Cadete Masculino "B".

Nas próximas semanas aparecerá publicada moita máis información sobre este torneo, os equipos participantes, as normas do torneo, os horarios e os calendarios e moitas outras novidades. Permanecede atentos a vosa páxina web.