O próximo domingo 20 de marzo do 2008 o FC Porto visitará o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia con catro dos seus equipos para disputar unha serie de partidos amistosos contra os nosos conxuntos no que será unha gran xornada de baloncesto e de convivencia.
Para comezar a xornada xogarán nas nosas pistas dous dos equipos de Minibásquet do FC Porto: un formado por xogadores nacidos no ano 1998 (foto esquina superior esquerda) que xogará contra o noso Benxamín Masculino e outro equipo formado por xogadores nacidos no ano 1997 (foto esquina superior dereita) que xogará contra o noso Alevín Masculino "B".
Tamén xogará contra o noso Infantil Masculino "A" o equipo de Iniciados nacidos no ano 1994 (foto esquina inferior esquerda). Este equipo foi campión absoluto de Portugal na tempada 2006/07, é campión da Asociación de Baloncesto de Porto na presente tempada 2007/08 e agora vai comezar o Campioanto de Portugal defendendo o título.
Para rematar esta xornada dominical de partidos amistosos e de convivencia o noso equipo Júnior Masculino "B" xogará contra o Cadete Masculino "A" (foto esquina inferior dereita) do equipo portugués, equipo campión da Asociación de Baloncesto de Porto na presente tempada 2007/08 e primeiro clasificado da Zona Norte do Campionato Nacional con nove partidos xogados.




