miércoles, 5 de marzo de 2008

O CADETE FEMININO DO C.B. SEIS DO NADAL NA FINAL DA LIGA ZONAL DVB 2007-08

 

O equipo Cadete Feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Nuria Gómez, conseguiu colarse na final da Liga Zonal DVB Cadete Feminina 2007-08 despois de vencer nas semifinais ao C.B. Baiona Anfaco.

 

O Seis do Nadal gañou os dous partidos das semifinais contra o C.B. Baiona Anfaco. No primeiro partido xogado no Pavillón dos Deportes de Baiona o noso equipo conseguiu un marcador final de 38-50. Xa no partido de volta xogado no Colexio Seis do Nadal a diferencia aumentouse e o Seis do Nadal venceu facilmente cun marcador que amosaba un 81-42 ao final do partido.

 

Deste xeito o Seis do Nadal clasificábase para a final da Liga Zonal DVB Cadete Feminina 2007-08 que xogará contra o C.B. Ándersen, equipo que tamén gañou os seus dous partidos das semifinais frente ao Canteiras Porriño.

 

O noso equipo xogará o primeiro partido da final en casa para visitar posteriormente a pista do C.B. Ándersen no segundo partido desta final zonal.