

As Seleccións Galegas Alevíns Masculina e Feminina, que veñen de participar na pasada fin de semana no I Torneo de Minibásquet "Villa de Iscar", concentraranse este domingo en Ourense para celebrar unha nova xornada de adestramentos. Os xogadores e xogadoras seleccionados están citados entre as 11:15 da mañá e ás 18:30 h. da tarde, na cidade de Ourense, concretamente no pavillón do Colexio Carmelitas.
Os nosos xogadores e xogadoras seleccionados con ambas seleccións asistirán a este novo adestramento da Selección Galega. Deste xeito Jorge Cabaleiro, do Alevín Masculino "A"; e Sara Araújo, Sara Diéguez, Sara Fernández e Andrea Muñoz, do Alevín Feminino "A", participarán este fin de semana nun novo adestramento da selección.
Esta cita configúrase como a derradeira xornada de preparación que os nosos xogadores e xogadoras celebrarán en Galicia antes da súa marcha a terras andaluzas para desputar o XXI Campionato de España de Minibásquet McDonald´s, que se celebrará en San Fernando (Cádiz) entre os próximos días 15 e 19 de marzo.
