lunes, 25 de febrero de 2008

OS NOSOS XOGADORES E XOGADORAS NO TORNEO DE MINIBÁSQUET "VILLA DE ÍSCAR"

As Seleccións Galegas Feminina e Masculina de Minibásquet participarán os vindeiros días 1 e 2 de marzo do 2008 no I Torneo de Minibásquet "Vila de Íscar".

 

Este torneo está organizado pola Federación de Baloncesto de Castela e León, e coa colaboración do Concello de Iscar, a Xunta de Castela e León e o Iscar Club de Baloncesto. O torneo enfrotará en Íscar ás Seleccións Galegas cos combinados madrileños e de Castela e León. O sistema de competición será de todos contra todos, cun total de seis encontros que se desputarán no Pavillón Municipal de Íscar.

 

Neste torneo participarán os xogadores e xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que forman parte dos combinados galegos. No combinado masculino participará neste torneo Jorge Cabaleiro do Alevín Masculino "A", e na selección de categoría feminina participarán Sara Araújo, Sara Diéguez, Sara Fernández e Andrea Muñoz do Alevín Feminino "A".

 

Este torneo lles servirá aos nosos deportistas da entidade e a ambas Seleccións de preparación de cara ao Campionato de España de Seleccións de Minibásquet que terá lugar en San Fernando (Cádiz), do 15 ao 19 de marzo.