lunes, 25 de febrero de 2008

O CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA NA CADENA COPE (87.8 FM)

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia foi invitado pola Cadena COPE para realizar unha entrevista coa finalidade de promocionar os "25 Anos de Historia" da nosa entidade e o VIII Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet "25 Anos en Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" que o club organizará os próximos 15 e 16 de Marzo no barrio de Coia.

Esta emisión terá lugar o próximo luns 25 de febreiro do 2008 ás 19:45 horas na Cadena COPE no dial 87.8 FM.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia queremos agradecerlle á Cadena COPE a súa desinteresada colaboración para que a nosa entidade poida promocionar os seus eventos e a súa imaxe.